A Escola de Música do Concello de Vila de Cruces informa de que o prazo para realizar a matrícula na Escola de Música Municipal de Vila de Cruces estará aberto dende o 18 de xuño ata o 15 de xullo (cerrándose antes se se cubriran as prazas dispoñibles, ou podendo abrir un segundo prazo de quedar prazas libres en algunamateria).
A matrícula formalizarase cubrindo este impreso que deberá ser entregado no Concello. Xunto co impreso de matrícula deberá achegarse un certificado da conta bancaria na que se domicilie o pago da taxa.
En caso de alumnos menores de idade, o impreso de matrícula deberá ir asinado polo pai, nai ou titor do alumno.
As materias dispoñibles para anotarse son: -Iniciación (1º ano de matrícula para nenos ata 7 anos) -Solfeo – Frauta – Oboe – Clarinete – Saxofón – Fagot – Trompeta – Trompa – Trombón – Bombardino – Tuba – Gaita – Percusión – Violoncello.
OUTRAS MATERIAS que poderán cursarse segundo o número de alumnos interesados:
-Contrabaixo – Piano – Harmonía – Hª da Música – Música para adultos – Coro(Formación vocal)
Para máis información dirixirse ó Concello de Vila de Cruces ou ó teléfono 986 582 017