Concello de Vila de Cruces

08-06-2012:  Actividades Deportivas 2012

A empresa concesionaria do servizo de actividades deportivas do Concello de Vila de Cruces, Discóbolo, informa das actividades que se van levar a cabo proximamente.

As actividades son as seguintes:

  • Liga Local de Fútbol 7. A liga comezará o día 25 de xuño e hai de prazo ata o día 20 de xuño de 2012 para anotarse. A inscrición son 75 € + 25 € de fianza e o sorteo terá lugar o día 21 de xuño, ás 21:00 horas no ximnasio municipal. Os partidos xogaranse no campo de fútbol de "O Camballón".
  • Natación na piscina municipal. O martes, 3 de xullo de 2012, darán comezo os cursos de natación. Haberá grupos segundo nivel: iniciación ou perfeccionamento.

Para calquera destas actividades poden obter máis información no ximnasio municipal de Vila de Cruces ou chamando ó teléfono 617 409 895.


 
Cartel Liga Futbol 7 Cartel Natación

Medios de Comunicación:


Contacto | Información | Administración | Mapa web